En Ribeira, adxudicada a renovación de luminarias nas rúas de Lugo, Rosalía de Castro e Galicia

16 Xuño 2021

O Concello de Ribeira informou da adxudicación definitiva de dúas iniciativas destinadas a renovar, por unha banda, as luminarias da rúa de Galicia e, por outra, as das rúas de Lugo e Rosalía de Castro en Ribeira.

Así, por un lado, no que atinxe á renovación das luminarias da rúa de Galicia, a empresa adxudicataria foi Formatesa Lalín conforme a unha proposta económica de 25.408 euros, IVE incluído, e cun prazo de execución dun mes.

A rúa de Galicia á altura da praza de Compostela

No que se refire á de Lugo e Rosalía de Castro, a licitación recaeu en Instalaciones Eléctrica Coruñesas, S.L, por un prezo de 10.725 euros, sendo tamén dun mes o prazo de execución.

O obxectivo desta dupla intervención é, en palabras do Concello, “mellorar a iluminación nestas vías substituíndo as luminarias actuais por outras de maior eficiencia acordes co seu carácter preferentemente peonil”.

O alcance dos contratos inclúen a desmontaxe e retirada das luces actuais e o subministro e instalación das novas: 60 no caso de rúa Galicia, 4 na rúa Lugo e 24 de Rosalía de Castro, todas elas cunha cualificación enerxética A, a de maior eficiencia segundo a gradación existente.

Ambas están enmarcadas no Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos de Competencia Municipal (Plan Único de Concellos) POS+ adicional 2/2020.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A vivenda” – José Manuel Pena

“A vivenda” – José Manuel Pena

É un ben de mercado para o negocio particular ou un dereito básico, fundamental e humano, como pode ser a educación, a sanidade, a prestación por desemprego ou a xubilación? A vivenda, en Galicia e no resto de España, continúa sendo un negocio e un ben de...

“A forza da gratitude”. Luís Celeiro

“A forza da gratitude”. Luís Celeiro

Daquela, hai algo máis de cincuenta anos, algúns dos aldeáns e aldeás das aldeas de Lugochegaban ao Instituto para abrir as portas do futuro, pechadas a cal e canto para os fillos daMariña, para os das montañas da Fonsagrada, dos Ancares, do Courel e da Lóuzara...