A brigada de obras do Concello de Rianxo procedeu estes días ao asfaltado da estrada de acceso á praia de Tronco mellorando o núcleo e tamén os accesos ao Camping de Rianxo.

Estes traballos vanse complementar con outras obras de mellora na rúa Cordabáns e na zona de Ourolo, Taragoña.
O Concello tamén anunciou que con cargo ao Plan Camiños da Xunta, PEIM, vai realizar axiña os traballos no treito Rianxiño-Barral e a licitación neste verán en Rial-Leiro e nas Barreiras-Taragoña.





