Desde o 1 de xullo a Xunta permitirá terrazas ao 100% de aforo, pedidos en barra e reapertura do lecer nocturno

23 Xuño 2021


O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, ratificou este mércores que Galicia dá un paso máis na desescalada fronte á pandemia cunha ampliación xeneralizada dos aforos en espazos e tamén para eventos. No caso do interior de bares e cafeterías manterase no 50%, pero ampliarase ata o 100% en terrazas se as mesas cumpren a norma dun metro e medio de distancia.

Tras a reunión na pasada xornada do comité clínico, Feijóo ratificou que se permitirá pedir e servir nas barras dos locais da hostalería, aínda que non se poderá consumir nas mesmas.

Feijóo tamén ratificou que a intención é que reabra o lecer nocturno desde o 1 de xullo, polo que, “por primeira vez en moitos meses” non quedará en Galicia “ningunha actividade completamente pechada”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.