Boiro instala pictogramas para a inclusión e o fomento do uso do galego no Mercado Municipal

16 Xuño 2021

A Concellería de Educación do Concello de Boiro, xunto cos centros de ensino do municipio levan a cabo o programa de normalización lingüística “Merca en galego”. A concelleira de Educación, María Outeiral; o persoal técnico de cultura, membros dos centros de ensino participantes e da Asociación Amicos presentaron a iniciativa no Mercado Municipal de Boiro.
Esta iniciativa busca fomentar o uso do galego no día a día, dar a coñecer a variedade de especies que se poden atopar na praza e facer un mercado máis inclusivo coa axuda de pictogramas ademais de fomentar o comercio e consumo local.
Para a elaboración do proxecto os nenos e nenas do CEIP Santa Baia, CEIP Praia Xardín, CEIP Escarabote, CEIP Cespón e CEIP Abanqueiro elaboraron deseños de carteis indicativos dos distintos produtos, que esta mañá repartiron a todos os praceiros e praceiras. Coa colaboración de Amicos e a asociación ARAASAC elaboráronse os pictogramas que permiten identificar a variedade de especies que se venden no Mercado Municipal.
Os pictogramas, que identifican por cores o tipo de establecemento, inclúen o nome do produto en galego e castelán. Con esta iniciativa, feita en colaboración dos centros de ensino, búscase dar a coñecer a variedade que se oferta no mercado ademais de implementar o uso do galego. O obxectivo do Concello de Boiro é facer extensible esta proposta aos demais establecementos do municipio.
Na presentación interviron: Elena Dosil, técnico de Educación do Concello de Boiro; Antonio Miragalla, profesor do CEIP Santa Baia; Carolina Castro, da Asociación Amicos; e María Outeiral, concelleira de Educación.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...