Bando Municipal na Pobra sobre a celebración do San Xoán na noite do 23 a 24 de xuño de 2021

15 Xuño 2021

A orde do 28 de maio de 2021, pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia, determina o peche das actividades de festas, verbenas e outros eventos populares. Polo tanto a celebración da noite de San Xoán non é autorizable e en consecuencia dende o Concello non se organizará ningunha actividade nin se permitirá que se desenvolva ningún evento en espazos públicos municipais.

Fogueiras en espazos privados

A realización de fogueiras en terreos particulares está permitida pola lexislación vixente durante o día 23 de xuño. Polo tanto o Concello procederá á súa autorización e comunicará ao distrito forestal o seu número e situación. A maioría serán para a queima de restos vexetais. Pero resulta evidente que nesta situación se empregarán en moitos casos para a celebración da noite do San Xoán. Por este motivo o Concello quere lembrar que é obrigatorio respectar as condicións que se recollen no plan para a transición cara a unha nova normalidade, que recolle as medidas preventivas e de seguridade que se detallan a seguir:
 Respectar a distancia mínima interpersoal de 1,5 m e no caso de que non sexa posible empregar máscara de protección.
 Realizar unha axeitada hixiene de mans mediante o lavado frecuente con auga e xabón ou mediante o uso de xel hidroalcohólico.

 Recomendación de que os grupos de persoas non superen as seis persoas en espazos pechados e as quince persoas en espazos abertos ao aire libre, agás que se trate de conviventes .
 Entre a 01.00 horas e as 6.00 horas, tanto en espazos públicos pechados e abertos como en espazos privados, a recomendación é de só persoas conviventes.
Pero tamén é necesario cumprir coa normativa que regula a prevención de incendios:
 Unicamente contarán con autorización aquelas fogueiras que teñan efectuada a comunicación ao Concello da Pobra do Caramiñal, presentada no rexistro do Concello, ou no rexistro electrónico desta entidade, antes das 12:00 horas do
día 21 de xuño de 2021.
 Establécese o horario para o inicio da actividade ás 18:00 horas, e deberán quedar perfectamente apagadas antes das 3:00 horas do día seguinte.
 Queda prohibido realizar lume en solo rústico de protección forestal e de espazos naturais.
 Medidas preventivas:
o Previamente ao inicio da fogueira, farase unha devasa mediante a eliminación manual ou mecánica da totalidade do material combustible nunha franxa de polo menos 5 metros de ancho, rodeando o perímetro que se vai queimar.
o Non se prenderá lume preto de masas forestais ou matogueiras (50 metros de distancia mínima) e establecerase unha distancia de seguridade con respecto ás edificacións, ás cablaxes eléctricas, a instalacións de calquera tipo ou vehículos que será proporcional ao tamaño da fogueira e en todo caso nunca inferior aos 5 m.
o As fogueiras non poderán superar os 2 metros de altura e non poderán ter un diámetro maior a 2 metros. O material combustible será de orixe vexetal. Non se poderán utilizar combustibles de orixe inerte (plásticos,
gomas, espumas etc. …) nin utilizar acelerantes (gasolina, gasóleo, disolventes…). A madeira que se poida empregar non debe conter restos metálicos, nin de vidro nin de calquera outro tipo que poida supoñer un risco ambiental ou non sexa totalmente combustible.
o Non poderá iniciarse ningunha fogueira cando as condicións meteorolóxicas poidan dificultar o seu control, especialmente nos días de vento. Ademais, se logo de iniciado o lume se producise a aparición de vento intenso, procederase a apagalo.
o Non se abandonará a vixilancia da zona da fogueira ata que o lume estea totalmente apagado. Deberán ter á man medios adecuados para a extinción do lume.

Outros artigos

Publicidade

PEL
PEL

Revista en papel

Opinión

“Por qué mueren las aldeas” – Manuel Domínguez

“Por qué mueren las aldeas” – Manuel Domínguez

Por qué mueren las aldeas. Progreso de unos muerte de otros. Pasó en Portugal, pero podía ser aquí, y es aquí. Estaba en un viejo bar de aldea, cerca de una vieja estación de tren, estación que descansa en el olvido. Al otro lado en la aldea unas pocas casas...

“Un gravísimo error” – Manuel Domínguez

“Un gravísimo error” – Manuel Domínguez

Madre, error, gravísimo error. Un atardecer en la terraza, mesa colindante un niño, chiquitín le pregunta a la madre, cuando vendrá el coco o el hombre del saco. La madre responde más tarde al anochecer. Luego la madre se queja que el niño reclame luz encendida para...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.