As rutas xacobeas e as súas posibilidades socioeconómicas centraron unha mesa redonda en Noia

25 Xuño 2021

Noia recibiu este venres 25 a visita da directora de Turismo de Galicia Nava Castro, acompañada do presidente do Clúster de Turismo de Galicia, Cesáreo Pardal e o concelleiro de Cultura do Concello de Noia, José Perez. Participaron nunha mesa redonda moderada polo docente da Universidade da Coruña Carlos Rodríguez e abeirada ao Curso de Verán da UDC (sétima edición) que se celebra na vila da nosa comarca, achegando un foro de reflexión e coñecemento sobre as análises e perspectivas coas que afronta a recuperación o Camiño de Santiago e o Xacobeo 2021-2022.

O curso desenvólvese baixo o epígrafe Unha nova visión das rutas de peregrinaxe. O Camiño de Santiago e o Xacobeo.

A directora de Turismo de Galicia destacou durante a súa intervención que “cursos coma este nos permiten facer unha reflexión común e avanzar en como cambia o fenómeno xacobeo, as múltiples posibilidades de desenvolvemento socioeconómico e turístico que ofrece a Ruta Xacobea, o seu impacto no territorio”, destacou ao tempo que incidía en que o Camiño é, e seguirá sendo, “elemento vertebrador de Galicia como territorio e como sociedade, o noso mellor embaixador, carta de presentación da marca Galicia no estranxeiro e, por suposto, elemento capital na nosa estratexia turística.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...