As conserveiras da nosa terra locen produtos e calidade en Madrid Fusión

01 Xuño 2021

As conserveiras e industrias pesqueiras da nosa terra atópanse estes días en Madrid, enriquecendo cos mellores produtos do mar (e os máis destacados xeitos de preparalos e servilos) o salón Madrid Fusión #alimentosdespaña. Fano da man da confederación ANFACO-CECOPESCA, que se sumou á festa gastronómica, un ano máis, con demostracións culinarias en vivo da man do chef Miguel F. Vidal, propietario de Morgana y Volandeira (Madrid), quen mostrou na tarde de onte “a versatilidade das conservas de peixes e a súa experiencia con estes produtos”.

Miguel F. Vidal, galardoado co Premio de Gastronomía de Galicia polos seus esforzos por mostrar as excelencias dos nosos produtos, preparou en directo, na caseta de ANFACO-CECOPESCA e baixo a lema Cata La lata, un amplo abano de innovadoras receitas a partir de conservas de peixes e mariscos, fusionando a tradición destes produtos coa influencia da cociña internacional.

Javier Olleros Miguel F Vidal e Juan Vieites

Entre as demostracións realizadas salientaron, entre outras, as seguintes: mexillón en escabeche de Bloody Mary e kale fritido; xoubas de San Xoán, pan de boroa e crema de sardiña afumada; ou atún branco en aceite ecolóxico, salsa verde mexicana e maionesa de mango.

No salón atópanse, con caseta propia, empresas como Balfegó, Portomuiños, Petaca Chico, Aquanaria e Real Conservera. Poderán degustarse produtos das empresas Conservas de Cambados, Conservas Ortiz, Conservas Cerqueira (con sedes en Ribeira e tamén, agora, en Rianxo), Connorsa, Casa Santoña, Eurocaviar, Salgaduras Garre, entre outras.

Outros artigos

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

Como cidadáns españois todos temos dereito a unha vivenda digna e axeitada. De feito, a Constitución Española establece no seu artigo 47 que "tódolos españois teñen dereito" a disfrutar dela. O mesmo artigo recoñece que "os poderes públicos promoverán as condicións...

+

Convocada a XIII edición do Concurso de Poesía Albariza de Artes

O Centro Recreativo e Cultural de Artes, en colaboración co Concello de Ribeira (Área de Cultura) presentou o cartel e as bases do nova convocatoria do Concurso de Poesía Albariza de Artes, certame que alcanza este ano a súa décimo terceira edición. Esta iniciativa...

+

Unha delegación de Angola visita en Ribeira a Escola Náutico-Pesqueira

A alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, acompañou no día de hoxe a unha delegación procedente de Angola durante a súa visita á localidade que arrancou na Escola Oficial Náutico-Pesqueira para coñecer o modelo pesqueiro galego, con especial énfase na pesca tradicional....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

Lo imposible es posible. Antonio, (nombre ficticio), es un fumador desde los 14 años, con sesenta toma sus vinos y consume , ya no fuma cajetillas sino que él hace sus propios pitillos, artesanía, fue al médico, su futuro es no muy largo, sus venas son muy solidas,...

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

La escritora británica Evelyn Beatrice Hall publicó en 1906 el libro “The Friends ofVoltaire” en el que relata como entendía la tolerancia el filósofo francés y dejó para lahistoria la frase “No estoy de acuerdo con lo que dices, pero defenderé con mi vida tuderecho a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.