A travesía náutica xacobea ‘Navega o Camiño’ chega a Muros

16 Xuño 2021


Muros acolleu aos participantes na travesía náutica xacobea ‘Navega ou Camiño’, que percorre a costa galega desde Ribadeo ata o río Ulla.

Na vila muradana foron recibidos pola directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, quen destacou a importancia desta iniciativa na promoción do sistema portuario autonómico e enxalzou o papel do Xacobeo 21-22 de cara á reactivación do turismo náutico e a difusión do Camiño por mar. A directora de Turismo agradeceu neste sentido o traballo conxunto das entidades organizadoras -NorthMarinas, Asnauga e Marinas de Galicia- na difusión de Galicia como destino seguro, con carácter diferenciado e lonxe das masificacións doutras zonas litorais.

Tamén amosou o apoio da Xunta a esta travesía, pois supón un impulso á desestacionalización do turismo náutico ao promover a navegación no interior das rías, “que polo carácter calmado das súas augas permiten a navegación todo o ano”. Neste sentido, subliñou a importancia de trasladar esta idea aos navegantes de toda Europa, finalidade coa que a Xunta engadiu á travesía un barco oficial no que viaxan xornalistas especializados en turismo de medios de diversos países.

Ademais, a directora de Turismo de Galicia lembrou que esta edición reivindica o papel da muller na práctica náutica. Con este obxectivo, a campioa olímpica Ángela Pumariega patronea unha das embarcacións da organización cunha tripulación composta maioritariamente por mulleres.

A travesía náutica xacobea Navega o Camiño (Sail the way) continuará o seu itinerario este xoves coa etapa entre Muros e Cabo de Cruz. Previa á súa chegada ao porto boirense, a expedición recalará no peirao de Portosín, onde confluirá cos barcos que están a realizar a ruta sur desde o porto de Baiona como reclamo do conxunto do sistema náutico galego.

Outros artigos

Falece afogado un home de 80 anos na praia de Caldebarcos en Carnota

Un home de 80 anos morreu afogado na mañá deste venres na praia de Caldebarcos, no municipio coruñés de Carnota, á que acudira para darse un baño. O falecido é veciño de Caldebarcos. O corpo da persoa falecida foi recuperado por un particular. Foi o mesmo particular...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Hacia la España federal”. Xosé Perozo

“Hacia la España federal”. Xosé Perozo

Si se cumplen las predicciones demoscópicas, el próximo domingo EH Bildu ganará las elecciones en el País Vasco, superando por primera vez al PNV en escaños y en votos. El fenómeno de crecimiento abertzale está rasgando las vestiduras de muchos politólogos y...