A rapazada de Noia celebrou o Día do Medio Ambiente cun obradoiro de casas para paxaros e macetas

Noia foi o pasado sábado un centro de creación artística colectiva directamente encamiñada a denunciar a imparábel degradación da diversidade e da natureza. Así, con motivo da celebración do Día Mundial do Medio Ambiente (este 5 de xuño), o Concello impulsou un obradoiro de decoración de macetas e de elaboración de casiñas para paxaros.

As actividades desenvolvéronse na Alameda pola mañá. Alí acudiron moitos nenos e nenas da vila para demostrar as súas dotes artísticas, que foron moitas e variadas.