A directora de Administración Local comproba o equipamento de Emerxencias e Protección Civil de Ribeira

04 Xuño 2021

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, visitou este 4 de xuño a localidade de Ribeira, onde comprobou o equipamento do que dispoñen os efectivos do servizo municipal de Emerxencias e Protección Civil, efectivos aos que a Xunta dotou o ano pasado dunha axuda de 32.000 euros para adquirir un novo vehículo destinado aos labores ambientais.

A colaboración co Concello de Ribeira enmárcase nos obxectivos do Fondo de Compensación Ambiental, ao que a Xunta destina 11 millóns de euros na convocatoria deste ano.

Natalia Prieto destacou que o novo vehículo está a ser empregado polos efectivos do dito servizo en labores de protección do medio ambiente como a prevención e extinción de incendios, o roce e o coidado do monte, a retirada de niños de vespa velutina ou de animais mortos, ademais do control dos puntos de vertidos e de especies protexidas.

Tamén lembrou que a Administración autonómica “vén colaborando nos últimos anos con Ribeira na mellora de infraestruturas como as dependencias da Casa Consistorial, ou as instalacións deportivas do municipio, así como no pavimentado de varios camiños”. Tamén colaborou na contratación de auxiliares para reforzar o corpo da Policía Local e en melloras ambientais tanto de saneamento como no acondicionamento de espazos naturais. O investimento total da Xunta no municipio a través das distintas ordes da Vicepresidencia Primeira acada supera os 910.700 euros.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pasada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...