A Deputación licita por 420.000 euros as obras que rematarán a humanización da avenida de San Campio, en Outes

04 Xuño 2021

A Deputación da Coruña investirá 420.008 euros para rematar as obras de humanización de avenida de San Campio, na Serra de Outes, que, segundo lembra a entidade provincial, “foron paralizadas hai uns anos debido ao incumprimento do proxecto por parte do contratista”.

Debido ao tempo transcorrido e ás melloras con respecto ao proxecto orixinal acordadas co Concello de Outes, foi necesario redactar un novo proxecto técnico, que foi aprobado a finais de 2020.

“As obras contribuirán a mellorar a seguridade peonil na zona mediante a construción de beirarrúas e a dotación dunha nova capa de rodaxe no tramo da DP 5604 que discorre entre o inicio da estrada e o PQ 0+340”, explicou a institución provincial.

O deputado responsábel da área de Vías e Obras, José Manuel Pequeño, lamentou o importante atraso que experimentou esta obra debido á súa paralización por incumprimento do anterior contratista, que obrigou á Deputación á redacción dun novo proxecto, pero engadiu que con esta licitación “damos luz verde de forma definitiva a un proxecto que vai a supor unha importante mellora da seguridade, especialmente para veciños que se desprazan a pé, e tamén vai a mellorar a estética desta travesía da Serra de Outes”.

O proxecto inclúe ademais a renovación dos servizos de saneamento e abastecemento de auga, recollida de pluviais, e canalización do alumeado, así como a reposición da sinalización horizontal e vertical. Estas novas redes de servizos emprazaranse baixo as beirarrúas no caso do saneamento, abastecemento e alumeado e baixo as zonas de estacionamento no caso da rede de pluviais.

O pavimento das beirarrúas estará formado por tella (loseta) hidráulica sobre base de formigón e saburra (zahorra) artificial. En canto ao pavimento da estrada executarase con mestura bituminosa en quente de 5 cm de espesor, previo fresado e reparación do firme nas zonas onde se atope máis deteriorado.

As obras terán un prazo de execución de seis meses.

Outros artigos

Novo número de Código Cero, revista de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero o 278, na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.