
Continúa a vacinación fronte á Covid-19 na Área de Santiago de Compostela e Barbanza, Mañá mércores 23 de Xuño están chamados o Hospital Barbanza unhas 900 persoas de entre 50 a 59 anos
En Santiago na Cidade da Cultura 5.892 entre 50 e 59 anos, no Hospital Clínico 335, maioritariamente a personas de entre 50 e 59 anos e pertencentes a colectivos esenciais e en centros de saúde: 140 repescas.
Na área sanitaria Compostelá lévanse administrado 417.899 ata onte, 21 de xuño.
Por outra banda o comité clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia provocada pola covid-19, vén de acordar, na súa xuntanza desta tarde de martes, o nivel medio de restricións para os concellos de Castroverde, Camariñas, Malpica de Bergantiños, Cambre e Poio. Os restantes concellos galegos permanecerán no nivel medio baixo.
O comité reunirase de novo o vindeiro martes, para analizar a situación epidemiolóxica dos concellos galegos. Todas estas medidas entrarán en vigor ás 00:00 horas do vindeiro sábado, 26 de xuño.





