Xa hai gañadora do sorteo da campaña do Día da Nai en Ribeira

05 Maio 2021
A concelleira María Sampedro e o presidente da patronal ribeirense Francisco Martínez Gude na presentación da campaña

A Asociación de Empresarios de Ribeira vén de pór remate ás actividades da Campaña Día da Nai 2021, que se encamiñaron a dinamizar o comercio local e a recoñecer e premiar a fidelidade das veciñas e veciños que apostan polos establecementos de proximidade. A campaña tivo o seu punto central nun sorteo dirixido a todos os clientes que mercasen ou consumisen nos establecementos asociados participantes na iniciativa. O sorteo realizouse finalmente este luns 3 de maio. Segundo fixo saber a Asociación de Empresarios, resultou gañadora do mesmo María Queiruga.

Na campaña deste ano participaron 1.278 clientes, unha cifra que en palabras da asociación foi “todo un éxito” e un exemplo de implicación cidadá cos seus comercios e establecementos.

Segundo fixo saber o presidente da asociación, Francisco Martínez Gude, o “obxectivo fundamental da campaña foi incrementar as vendas e incentivar o consumo no pequeno comercio retallista e hostalería de Ribeira”.

O premio

O premio desta campaña consistiu nunha tarxeta bancaria con un importe de 1.000€ menos a retención dos impostos obrigatorios, o asesoramento dun/unha personal shopper e un coche con chofer para levar á persoa agraciada aos establecementos que elixa para gastar o premio. Este ten que ser gastado o día 29 de maio nos establecementos participantes. O importe deste premio deberá ser investido nos tres sectores que participan nesta campaña: comercio, hostalería e restauración. Para repartilo entre varios participantes, como máximo a persoa premiada pode gastar 150€ en cada un dos establecementos seleccionados para gastar o premio.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.