“Solidariedade e activismo social” – José Manuel Pena

19 Maio 2021

Comentábame un compañeiro dunha plataforma cidadá dunha coñecida cidade de Andalucía duns 600.000 habitantes, que eles desexan axudar sempre ás familias e que ademais se impliquen nas xestións burocráticas, contactos coas entidades financeiras, fondos de investimento, administracións, mobilizacións, etc. Quizais poida ser un erro xa que, pola miña propia experiencia, na comarca de Arousa, demasiadas familias que ven a posibilidade de perder a súa vivenda habitual, despois de anos pagando relixiosamente a hipoteca, dificilmente teñen forza moral para levantar a voz e moitas nin son conscientes do pesadelo que están a vivir.

Atopámonos con familias humildes, con fillos menores, que de nada lles serve que abran os comedores escolares no verán. Durante ese período poden nutrirse correctamente o nenos pero, e os demais membros da familia? Hai que pensar que cando os nenos non están ben alimentados nunha familia, o resto dos seus membros tamén pasan necesidades.

Familias que xa non só temen quedar na rúa senón que non poden afrontar os seus gastos máis básicos, apenas comen algo que non sexa arroz ou espaguetis. Algunhas familias xa nos chegan con crises de ansiedade e depresión, grazas ao acoso inhumano, exercido por parte dalgúns responsables financeiros ou das empresas externas que se encargan dos recobros. Son persoas sen escrúpulos que só pensan no beneficio económico sen importarlles de que están a tratar con persoas.

Demasiadas familias do noso país, continúan pasando por dificultades e non podemos poñer molestias nin límite algún á axuda que lles podemos prestar a través da solidariedade e o activismo social. Non podemos obviar de que todos somos responsables, (sen dúbida uns máis que outros) por acción ou omisión.

Outros artigos

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La soledad, mala compañera”. Javier García Sánchez

“La soledad, mala compañera”. Javier García Sánchez

Afecta a una de cada cinco personas en España, y se trata de una sensación deaislamiento y desconexión emocionalNos demos cuenta o no lo cierto es que cada vez vivimos en una sociedad másindividualista donde recala con fuerza la soledad no deseada. Se trata de...

“Santos con lentes”. Xosé A. López Silva

“Santos con lentes”. Xosé A. López Silva

Hai anos que levo un caderno de santos: datas, anécdotas e atributos rechamantes, apuntados sen moita orde nin concerto. Abre por San Xerome, o mesmo que de cando en cando volve aos xornais porque na fachada de Santa María de Pontevedra, entre os doutores da Igrexa,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.