“Servir ás persoas” – José Manuel Pena

31 Maio 2021

“Animar a servir ás persoas e non ás ideoloxías”. Tomando prestadas as palabras do Papa Francisco poderían servirnos para sinalar que actualmente segue habendo demasiada desigualdade social dentro da poboación dos nosos barrios, pobos ou cidades. Por iso cada vez é máis necesario xuntar esforzos, entre todas as administracións públicas (con independencia das súas ideoloxías), para que os departamentos dos servizos sociais deixen da ser a “cincenta” nos diferentes equipos de goberno municipais.

Por outra banda, desde o activismo social e as diferentes entidades sociais e ONG non deberían ter medo en criticar a calquera administración ou gobernante que se pase polo forro a “obrigatoriedade de protexer e defender os dereitos fundamentais das persoas ás que representan. É a súa obriga, para iso preséntanse libremente e asígnanse suculentos soldos públicos, procurar que a desigualdade entre as persoas e familias sexa cada vez menor e que todos os cidadáns teñan o dereito constitucional real ao emprego, á educación, á sanidade, á vivenda ou ben a unha prestación pública que lle garanta o gozar dunha vida adecuada.

Tamén vai sendo hora de ir mudando certas mentalidades servís e caciquís que aínda manteñen algúns dos nosos gobernantes e que no canto de servirse dos seus cargos, teñen que utilizar estes para o servizo dos cidadáns que máis o necesiten. Para iso están as administracións públicas que, en ningún caso, poden funcionar como unha empresa privada. Os seus intereses son xerais e están ao servizo do interese público.

Outros artigos

“Fallos de bondade”. José A. López Silva

En maio de 2013, a Universidade de Syracuse, no estado de Nova York, encargoulle pronunciar o discurso para os seus graduados a un dos profesores do claustro, o escritor George Saunders, que catro anos despois gañaría o Booker británico con Lincoln en el Bardo, unha...

+

“As novas camadas petan forte na porta” – Antón Luaces

Hai quen exerce de informador e percorre España cunha buguina nunha man e un teléfono móbil na outra nunha especie de pre-aviso de que alí, no lugar, vai pasar algo importante. Por exemplo, un discurso ou debate político que "poña orde" na polarización desenfrenada...

+

“Recordar o 93 e seguir o Camiño”. Luís Celeiro

En Mérida, onde a finais do século sexto xa había un xenodochium, un albergue de acollida easistencia para as multitudes que visitaban a tumba de Santa Olalla. Os historiadores e entendidosdin que foi o primeiro refuxio para peregrinos documentado en Hispania. E alí,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“España, triste y conmocionada”. José Castro López

“España, triste y conmocionada”. José Castro López

Una encuesta reciente de IMOP-Insights pregunta por el estado de ánimo ciudadano yrevela que la tristeza es la emoción predominante entre los españoles ante una situaciónpolítica convulsa. “Una España entristecida, desengañada y hastiada de sus dirigentespolíticos”,...

“Servizos públicos de calidade” – José Manuel Pena

“Servizos públicos de calidade” – José Manuel Pena

Unha gran parte de cidadáns, responsables e comprometidos, déronse conta de que se está privatizando a sanidade, a educación ou a dependencia, piares fundamentais de calquera país moderno e democrático. A usura e a corrupción de moitos gobernantes poñen de manifesto...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.