Rianxo acolle o venres 14 a presentación do segundo tomo da biografía de Castealo escrita por Miguel Anxo Seixas

07 Maio 2021

O Concello de Rianxo, a través da súa Área de Cultura, programou unha completa axenda de actividades coincidindo co celebración do 17 de maio, o Día das Letras Galegas, unha data que tamén se vai conmemorar nos días previos e nos días posteriores, ao longo deste mes de maio. Por exemplo o venres 14 está previsto que a Sala Arcos Moldes do Centro Sociocultural do Auditorio de Rianxo dea acollida á presentación do libro Castelao. Construtor da nación. Tomo II, 1931-1939, de Miguel Anxo Seixas.

A cita será ás 20.30 e contarase coa presenza do autor e, tamén de Francisco Fernández Rei, (profesor da USC e académico da RAG), Juan Conde Roa (Consorcio de Santiago) e Adolfo Muíños Sánchez (alcalde de Rianxo). Segundo informou o Concello, esta actividade viña sendo unha das accións incluídas no marco dos Actos Castelao 2021, pero tivo que ser adiada no seu día por mor da situación sanitaria.

O segundo tomo da biografía de Castelao de Miguel Anxo Seixas é unha ambiciosa reconstrución da vida e o legado artístico, político e ideolóxico do ilustre rianxeiro, debullados nun volume de tapa dura de 1.500 páxinas, presentado por Galaxia nunha coidada edición que é tamén, en palabras da editorial, “un diario da vida cotiá de Castelao cos fitos da súa cronoloxía persoal e pública”. Neste tomo o autor pon o foco nos anos comprendidos entre 1931 e 1939, coincidindo cos anos da Segunda República e a Guerra Civil.

Outros artigos

Ribeira prepárase para vivir a terceira Noite Tradi no 11 de xullo

O folclore segue protagonizando citas dentro do calendario municipal de Ribeira. A terceira Noite Tradi celebrarase no sábado, 11 de xullo, a partir das 22.00 horas, na praza de Porta do Sol. Alí actuarán os grupos locais Bailadela e As Sete Linguas da Asociación...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...