Prosegue no Son o ciclo de monólogos deste mes de maio da man de Pepo Suevos e Carmen Méndez

19 Maio 2021

En Porto do Son o Día das Letras Galegas traducise este ano nun programa diverso, seguro e estendido de celebracións. E dicimos o de “estendido” porque a festa segue despois deste luns 17 de maio.

Así, á sesión de retranca achegada o día 15 pola actriz e monologuista galega Marita Martínez, na Casa da Cultura do Son, e ao espectáculo da compañía Malasombra Producións (que representou Go On! na xornada do 17), súmanse dúas novas actividades a subliñar na nosa axenda: a cita con Pepo Suevos este 22 de maio e a de Carmen Méndez este 29.

Trátase de dúas novas propostas de humor do ciclo de monólogos achegados pola área de Cultura de Porto do Son para este mes de maio. Como no caso das anteriores actividades e por motivos de seguridade sanitaria, as prazas son limitadas e cómpre reservar praza no 698 183 463 de 12:00 a 14:00 horas ou ben mercar as entradas directamente na Casa da Cultura de Porto do Son de 12:00 a 14:00 horas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Hoy 13 febrero doble felicitación” – Manuel Domínguez

“Hoy 13 febrero doble felicitación” – Manuel Domínguez

O autor do artigo (á dereita) e Xosé María Fernández Pazos Por qué se celebra el 13 de febrero La elección de esta fecha conmemora el aniversario de la creación de la Radio de las Naciones Unidas en 1946, una emisora diseñada para difundir información sobre paz,...

“El Vaticano, el Papa y la inmigración” – Manuel Domínguez

“El Vaticano, el Papa y la inmigración” – Manuel Domínguez

El papa Francisco afirma que rechazar a los migrantes es un "pecado grave" El papa Francisco afirmó que ante el drama de la migración no sirven "leyes más restrictivas" o "la militarización de las fronteras" y que rechazar a los migrantes "es un pecado grave". La...