Os Concellos da comarca benefíciaranse das axudas da Xunta para a mellora da oferta das súas bibliotecas

02 Maio 2021

Un total de 189 concellos, entre eles os da comarca, beneficiaranse este ano das axudas da Xunta de Galicia para mellorar as coleccións bibliográficas e dotar de novidades editoriais ás súas bibliotecas e axencias públicas de lectura municipais
integradas na Rede de Bibliotecas de Galicia, para o que o Goberno autonómico destina 550.000 euros.
Como publica o Diario Oficial de Galicia , os beneficiarios inclúense en dúas liñas de subvencións, unha para a adquisición de novidades editoriais en galego en formato físico e a outra para a mellora das coleccións bibliográficas. Coa primeira liña de axudas, a Consellería de Cultura, Educación e Universidade ofrece aos usuarios estas novidades
editoriais en galego no momento da súa entrada no mercado, mediante un proceso de compra de libros en formato físico a cargo das entidades locais en función da demanda das súas bibliotecas e axencias de lectura.
A segunda liña mellora as coleccións bibliográficas das bibliotecas e axencias de lectura públicas. A Xunta continúa a facilitar deste xeito que os concellos actualicen as coleccións das súas bibliotecas e que os traballadores teñan máis marxe para planificar as adquisicións de novidades. Tamén se incrementa a oferta aos usuarios, atendendo de forma especial ás campañas de verán e Nadal, nas que se aumenta a demanda.
Apoio ao sector do libro
Esta liña de axudas inclúese no compromiso da Xunta por fomentar a cultura nos entorno rurais e urbanos e apoiar tamén ao sector editorial. Neste sentido, o Goberno autonómico incrementa este ano o apoio ás actividades das bibliotecas cun 3,4% máis de investimento e reforza o apoio ao sector do libro con incrementos en partidas de promoción da lectura e do libro ou a inclusión de novas partidas para a promoción e comercialización do libro galego e do libro en librarías, neste caso cun investimento superior ao millón de euros.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

Sempre tiven curiosidade pola etimoloxía da nosa onomástica. Pero tamén polosalcumes, para coñecer as razóns que os motivaron. De aí que sexa un atento lector dostextos das esquelas que se publican nos xornais.O mes de agosto sempre foi un mes moi festeiro. Por estas...

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

El rey ausente. Los muertos son números que forman parte de una estadística. ¿Números? Si. Si muere en el exterior, es el número del pasaporte, si muere en el hospital en número de la seguridad social, si muere en casa el número del DNI. Los 100 muertos en el mar,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.