Oleiros e Artes acollen as últimas partidas gratuítas de láser tag esta fin de semana

26 Maio 2021

A iniciativa posta en marcha pola Concellería de Xuventude de Ribeira, que promovía as partidas gratuítas de láser tag para a mocidade, concluirá esta fin de semana nas parroquias de San Martiño de Oleiros, e San Xián de Artes.

O programa iniciouse en Semana Santa e acolleu a un total de máis de 330 mozos e mozas que se animaron a participar ata agora arredor das sete parroquias polas que se desenvolveu a actividade.

As xornadas que rematan este sábado 29 en Oleiros, e o domingo 30 en Artes, abren a súa inscrición para todos aqueles interesados en participar nestas derradeiras partidas gratuítas de láser tag. A solicitude pódese realizar enviando un correo a xuventude@ribeira.gal ou chamando por teléfono ao 981 831 754.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.