O voluntariado de Noia limpou a praia do Testal

11 Maio 2021

A pasada fin de semana levouse a cabo en Noia, na praia de Testal, unha actividade cidadá exemplar. En concreto, tratouse dun labor colectivo de limpeza do areal, organizada por un grupo local de voluntarias e voluntarios de todas as idades. Retiráronse todo tipo de desperdicios e, sobre todo, retiráronse plásticos, que son, xunto cos metais pesados, os carburantes e outros elementos de procedencia humana, os principais contaminantes dos nosos océanos.

Os traballos forman parte dunha iniciativa contra a chamada basuraleza impulsada por un grupo de nais e pais do concello de Noia. A limpeza levada a cabo en Testal, amais da importancia ecolóxica das tarefas desenvolvidas, tivo unha marcada vertente divulgativa e formativa, xa que se tratou de inculcar ás pequenas e pequenos a importancia de loitar contra o lixo mariño.

Outros artigos

Volve co Samaín o Claustro do Terror no Concello de Noia

Tras o éxito do ano pasado, regresa o II Claustro do Terror, que volverá converterse nun dos grandes protagonistas do Samaín de Noia. Novamente as persoas participantes terán que resolver un crime no Consistorio, e a resolución virá acompañada dun ambiente axeitado...

+

O Culturgal Expandido recala esta semana en Muros

A edición 2026 do Culturgal Expandido chega esta fin de semana ao Mercado Municipal de Muros cunha programación gratuíta e para todas as idades. Na presentación do programa participaron Natividad Gonzalez, deputada de Cultura da Deputación da Coruña; María Lago,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.