O sol e altas temperaturas enchen as praias da comarca este domingo, á espera dun luns con chuvieiras cara o final do día

30 Maio 2021


O sol e as altas temperaturas rexistradas este domingo en gran parte de Galicia encheron as praias da comarca que nalgúns casos rexistraron unha elevada afluencia de persoas que acudiron a tomar o sol e darse un baño.

Aínda que o verán non empeza oficialmente ata o 21 de xuño, esta última fin de semana de maio Galicia rexistrou temperaturas propias desta estación.

Segundo a información de Meteogalicia, a temperatura mais alta da comarca rexistrouse en Cespón en Boiro onde se superaron os 29 graos e en Ribeira ós 27. A cidade de Ourense rexistrou unha máxima de 33 graos e a de Pontevedra, de 30, mentres que Vigo chegou aos 27 graos; e Lugo e Santiago de Compostela, aos 25 graos. Ferrol quedouse en 24 graos e A Coruña, en 22 graos.

Praia de Coroso. Joferpa

PROGNÓSTICO LUNS 31 DE MAIO

O luns a comarca terá unha xornada de inestabilidade atmosférica pola presenza de aire cálido en superficie e aire frío en capas altas da atmosfera. Así, o ceo estará despexado en xeral pola mañá e co avance da xornada teremos nubes de evolución que deixarán chuvascos. As temperaturas mínimas ascenderán lixeiramente, nas máximas, o ascenso será moderado no terzo norte. O vento soprará frouxo, do nordés no litoral norte e de dirección variable no interior.

METEOGALICIA

O NOSO MAR: Vento variable á mañá e á noite e do noroeste á tarde, forza 1 a 2 á mañá e á noite e 2 a 3 á tarde. Mar rizado á mañá e á noite e mar ovellado á tarde. Visibilidade boa á mañá e á tarde e regular á noite. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 0.5 a 1.5 metros.

Mareas


Muros
Hora*Altura
Baixamar02:300.8 m
Preamar08:483.2 m
Baixamar14:441.1 m
Preamar21:063.4 m
Vigo
Hora*Altura
Baixamar02:210.8 m
Preamar08:393.1 m
Baixamar14:361.2 m
Preamar20:593.4 m
Vilagarcía
Hora*Altura
Baixamar02:250.8 m
Preamar08:433.1 m
Baixamar14:401.1 m
Preamar21:033.4 m

Outros artigos

Domingo 6, sol e suba das temperaturas

Durante o domingo, Corpous Christi, Galicia quedará baixo a influencia anticiclónica. Con esta situación, agárdanse néboas matinais no interior e ceos moi abertos no resto con nubes de tipo alto. Na Mariña teremos nubes de estancamento. As temperaturas mínimas...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...