O PSOE de Ribeira pide ao Concello que active os mecanismos para controlar o tráfico nas rúas peonís

19 Maio 2021

O grupo socialista de Ribeira compartiu unha proposta de seu para ser debatida en pleno relativa ao regulamento existente nas rúas peonalizadas da localidade, que, segundo opina a agrupación, “non ofrecen un ordenamento axeitado para a amábel convivencia de peóns e vehículos”. Segundo fan saber, un exemplo destas eivas que deben ser emendadas é o que acontece cos lectores de matrículas instalados, que “non foron precisamente baratos para as arcas municipais”.

Entrada á rúa de Galicia dende a praza de Compostela

Na súa opinión, os lectores son “un atrezo carísimo” para o concello, “xa que en ningún caso cumpren a súa función, pois están desconectadas e non funcionan, co que o paso de vehículos non autorizados por zonas peonís depende só da actuación da Policía Local, a que cos medios de que dispón, entendemos que non pode facer máis do que fai”.

Os socialistas tamén critican o que cualifican de “falta de transparencia” do Concello, xa que “nos decatamos pola prensa de que o Concello acordou coa empresa Silo (Science & Innovation Link Office) que esta preste asistencia técnica e asesoramento dentro do Plan de Mobilidade Urbana Sostible Integral (EDUSI) e do programa Máis Ribeira Atlántica 2020, financiado nun 80 % con fondos europeos”.

Estes son os puntos concretos da proposta achegada polos socialistas:

-Que “se proceda de contado á reparación e posta en funcionamento de todos os mecanismos dos que dispón o Concello, tanto humanos como materiais, para realizar un control mais eficiente do trafico nas zonas peonís”.

-Que “se especifique claramente o horario de carga e descarga aos distintos negocios situados nesas zonas, para que poidan ser servidos convenientemente, e que, polos medios antes indicados, este horario fágase cumprir, impedindo o transito indiscriminado de vehículos que se saltan as normas existentes”.

-Que “calquera actuación que se realice sexa tratada e consensuada cos grupos que forman a oposición, para darlles a posibilidade de opinar e achegar ideas e matices, antes de atoparnos, como vén sendo costume deste equipo de Goberno, coas présas de ultima hora para tomar decisións e aprobar investimentos porque xa están os feitos consumados”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.