O Concello de Ribeira entrega á Cruz Vermella o cheque recibido polo seu éxito na iniciativa Únete ao reto

26 Maio 2021

O Concello de Ribeira entregou este 26 de maio á oficina local da Cruz Vermella un cheque de 2.000 euros para servir de apoio ao seu importante labor social. A entrega formalizouse na sede da organización humanitaria no porto de Ribeira. A cita contía recibiuna o Concello de Ribeira logo de proclamarse como un dos nove municipios galegos que completaron con éxito o Únete ao reto de Ecoembes, tendo que destinalo a unha causa social.

A presidenta da delegación local da organización, Ángeles Cores (A Nena), foi quen recibiu o cheque de mans da primeira tenente de alcalde, María Sampedro. Cores agradeceu esta doazón e asegurou que con estes cartos “poderase favorecer a unhas cantas familias”.

Pola súa parte, María Sampedro manifestou que o mérito de conseguir este agasallo é principalmente da veciñanza do municipio: “A reciclaxe de Ribeira dende o ano pasado a este ano mellorou moitísimo en canto calidade e polo tanto tiñamos que dicirlle á cidadanía que iso ten premio”, declarou. Tamén eloxiou o traballo que dende fai moitos anos vén facendo Cruz Vermella en Ribeira.

Hai que recordar Ribeira foi un dos nove municipios galegos capaces de superar o reto proposto por Ecoembes e a Xunta consistente en lograr aumentar un 10% a recollida de envases no contedor marelo durante os meses de febreiro, marzo e abril con respecto ao mesmo período do 2020. Os outros oito concellos foron Arteixo, Lalín, Ourense, Ponteareas, Porriño, Sanxenxo, Tui e Viveiro.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...