O Club do Mar Noia recibe a visita de Cristina Capelán e Sandra González, da Deputación da Coruña

19 Maio 2021

A deputada de Deportes da Deputación da Coruña, Cristina Capelán, e a deputada responsable da área de Educación, Sandra González, visitaron as instalacións do Club do Mar Noia. O ente provincial colabora coa entidade a través das súas subvencións deportivas.
A relación entre o Club do Mar Noia e a Deputación da Coruña permitiulle ao Club adquirir unha barca a motor, varios remoergómetros e un remolque para o transporte de embarcacións. Ademais, este ano a entidade solicitou axuda para a adquisición de novo material que lle permita cumprir o obxectivo que pretende a Deputación con estas subvencións: mellorar as infraestruturas da provincia.
No encontro, o club transmitiulles ás deputadas a súa preocupación ao non contar a provincia cun lugar balizado permanente para realizar tests. Ademais reclamaron unha ampliación das instalacións, que se quedan pequenas ante o crecemento da entidade.
“Seguimos a traballar nas nosas axudas para ofrecer o maior apoio posible a clubs como este para mellorar as infraestruturas e ofrecer unhas instalacións axeitadas aos deportistas”, sinalou Capelán.
O Club do Mar de Noia conta con 80 deportistas federados, entre os cales se atopa unha persoa na modalidade adaptada, así como o único representante de Galicia nas olimpíadas de Tokio na categoría de remo olímpico, Caetano Horta.

Outros artigos

Volve co Samaín o Claustro do Terror no Concello de Noia

Tras o éxito do ano pasado, regresa o II Claustro do Terror, que volverá converterse nun dos grandes protagonistas do Samaín de Noia. Novamente as persoas participantes terán que resolver un crime no Consistorio, e a resolución virá acompañada dun ambiente axeitado...

+

O Culturgal Expandido recala esta semana en Muros

A edición 2026 do Culturgal Expandido chega esta fin de semana ao Mercado Municipal de Muros cunha programación gratuíta e para todas as idades. Na presentación do programa participaron Natividad Gonzalez, deputada de Cultura da Deputación da Coruña; María Lago,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.