O BNG esixe aumentar as zonas verdes de Ribeira e critica as talas de árbores nas Carolinas

04 Maio 2021

O BNG de Ribeira vén de facer un chamamento ao Concello para que incremente as zonas verdes e as rúas con vexetación no termo municipal. Ao mesmo tempo, no comunicado os nacionalistas critican a política do Goberno local polos estragos de árbores levados a cabo na avenida da Coruña, onde, segundo informa a agrupación, elimináronse cos traballos desenvolvidas na rúa exemplares de gran tamaño.

O voceiro da formación, Xosé Vázquez Cobas explicou que estas árbores cortadas puideron ter sido transplantadas a outros espazos do municipio: “Optaron pola vía fácil de talar algunhas das xa poucas árbores que hai no municipio, un feito que vai no sentido contrario ao que se debera”, fixo saber, engadindo que a obra da avenida da Coruña, nas Carolinas, “é unha oportunidade perdida, porque esa reforma debería ter sido aproveitada para facer un gran bulevar con espazos de sombra e zonas verdes”. Na súa opinión, a aposta do Concello é unha aposta “polo cemento e a herba de plástico”.

O BNG sinala que “Ribeira ten un número insuficiente de zonas verdes” e desde a agrupación consideran “imprescindíbel” aumentar a vexetación que hai nas rúas e prazas do municipio “co fin de mellorar a calidade do aire e tamén a calidade de vida da veciñanza, sobre todo nun contexto de pandemia onde tan necesarios son os espazos ao aire libre”. Xosé Vázquez Cobas puxo en valor o traballo feito polo BNG presentando “propostas construtivas” e mesmo un plan denominado “Reverdecer Ribeira” para que o casco urbano e as parroquias gañasen espazos verdes nos que as persoas poidan descansar e desfrutar do seu tempo libre.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.