Noia acolleu unha nova xornada dos espazos para a mocidade da Primavera Xove

21 Maio 2021

O programa Primavera Xove da Xunta de Galicia celebrou este 21 de maio unha nova xornada nos Espazos Xove de Viveiro, Chantada e Noia. No caso da localidade da nosa comarca, a xornada comezou cun faladoiro para dar a coñecer o potencial creativo da xuventude da contorna. A esta actividade seguiulle, tamén en Noia, un obradoiro de graffiti no que se pintou un muro.

A programación levada a cabo neste Espazo Xove tamén incluíu unha proposta para crear música con froitas e, por último, un reto dobre de canastra.

Cristina Pichel, directora xeral de Xuventude, salientou “a importancia deste tipo de actividades, enmarcadas no programa Primavera Xove, unha iniciativa innovadora posta en marcha este ano, que ao longo de todos os venres do mes de maio leva celebrando, e celebrará, unha feira de ocio educativo para a mocidade da súa contorna nos diferentes Espazos Xove”.

Outros artigos

Noia Histórica festexa o Nadal agasallando catro iPhone 15

A patronal noiesa, Noia Histórica, vai celebrar o Nadal cunha nova campaña que pon o foco nas múltiples e variadas vantaxes de mercar en clave de proximidade. A Campaña de Nadal, que se presenta baixo o lema Noia preto de ti, foi dada a coñecer nos seus detalles pola...

+

PSdG e Marea de Noia levan o Orzamento local ao Xulgado

Manuel Seijas da Marea de Noia e Francisco Pérez do Partido Socialista veñen de anunciar que presentaron recurso ante Xulgado do Contencioso Administrativo contra a aprobación final do Orzamento local relativo ao ano 2024. Segundo o voceiro do PSdG -PSOE de Noia...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“O de sempre, para non variar: susto ou morte” – Antón Luaces

“O de sempre, para non variar: susto ou morte” – Antón Luaces

Segundo o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, España acadou no recente Consello de Ministros da UE bos resultados no Atlántico e Mediterráneo, de xeito que asegura a viabilidade dos 570 barcos que faenan no Mediterráneo e, no Atlántico, tamén "bos...

“Prácticas caciquís” – José Manuel Pena

“Prácticas caciquís” – José Manuel Pena

Nos últimos tempos, a dereita política española está a preocuparse máis en lanzar trolas e mentiras para tratar de despistar sobre os múltiples casos de corrupción que tiveron, con sentenza firme, e que aínda ten xudicializados. Desde que o sr. Feijóo chegou á capital...