Na Pobra comezan as obras de mantemento das gradas do estadio da Alta

08 Maio 2021


O Concello da Pobra do Caramiñal vén de anunciar o inicio das actuacións de mantemento nas gradas do estadio municipal da Alta. As tarefas focalízanse na reparación das deficiencias detectadas na estrutura das gradas e substitución da actual cubrición por pranchas metálicas, co fin de ofrecer unha mellores instalacións a
deportistas e público.
As obras incluirán o pavimentado do corredor posterior da grada e muro de peche nos módulos que están abertos polo seu flanco sur, así como efectuar o pintado desta mesma zona. Ademais dotarase dunha canalización de recollida de pluviais da cuberta e está previsto o acondicionamento da varanda metálica situada na parte frontal.
A actuación conta cun orzamento que ascende a 89.967,69 euros e ten como prazo de execución previsto dun total de dous meses.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...