O Concello de Ribeira informa de que á xunta de goberno local procedeu hoxe a adxudicar con carácter previsoinal as obras destinadas á reordenación do entorno da Aula de Música de Aguiño: unha actuación na que a empresa mellor clasificada entre as 18 ofertas presentadas resultou ser Excavaciones Nima, S.L. conforme a unha proposta de 41.612,25 euros, IVE incluído.

De acordo co proxecto técnico elaborado, na veciña rúa Manuel Murguía vaise crear unha área de aparcamento tras remodelar esta zona de tal xeito que a actual beirarrúa será demolida e substituída por outra pegada ao conservatorio cun ancho mínimo de dous metros.
Ademais, desprazaranse as dúas farolas existentes e trasladaranse os xogos do parque infantil á parte posterior da parcela, onde serán instalados sobre un pavimento de caucho continuo.
Ademais, a calzada de Rúa Manuel Murguía será pavimentada cunha capa de 6 centímetros de espesor de aglomerado asfáltico para eliminar os baches e disgregacións que rexistra a vía.
Por outra parte, a fachada do conservatorio será pintada cunha pintura especial elástica, transpirable e impermeable para dar solución a problemas de humidades.
A actuación está enmarcada na segunda fase do Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos de Competencia Municipal (Plan Único de Concellos) POS+ adicional 1/2019. O prazo de execución son dous meses.
