Detidas en Ribeira nove persoas por tráfico de drogas

31 Maio 2021

A Policía Nacional de Ribeira levou a cabo unha nova operación antidroga, denominada “Rayo”, que se saldou coa detención de nove persoas por tráfico de drogas, sendo o resultado de varios meses de investigación.

Os policías da Comisaría de Ribeira seguían os pasos dun home que desde un principio sospeitábase que contactaba con distintos individuos que se adicaban á súa vez ao tráfico de drogas, aínda que, nun chanzo inferior. O principal investigado, que non tiña antecedentes policiais por tráfico de drogas, non adoitaba repetir o lugar de trasnoitar, nin adoitaba usar telefonía móbil, e sempre usaba a persoas da súa contorna para trasladarse en diferentes vehículos, todo iso para dificultar o labor policial.

Durante a investigación policial constatáronse varios pisos de Ribeira polos que o principal investigado se movía, mesmo se puideron incautar pequenas cantidades de substancia estupefaciente, o que derivou nas distintas entradas e rexistros domiciliarios.

Como resultado dos rexistros das vivendas incautáronse: 1.177 gr. de cocaína, 103 gr. de heroína, 953 gr. de haxix, 60 gr. de marihuana, 6.070 €, cinco teléfonos móbiles, cinco balanzas de precisión, e útiles para manipular a cocaína.

Nun dos rexistros foi posíbel incautar un morteiro, paletas e amoníaco cos que manipular e “cociñar” a cocaína, xa que o investigado adquiría a cocaína en quilo de “ladrillo”, tal e como chega a España directamente dos países produtores en Sudamérica, “o que denota a importancia desta detención”, segundo os axentes. Unha vez “cociñada” por unha persoa da súa confianza, a cal tamén foi detida, distribuíaa entre distintas persoas para a súa venda directa aos consumidores.

Unha parte de substancia estupefaciente aprehendida noutra vivenda foi descuberta grazas á labor dos Guías Caninos, xa que foron estes os que puideron situala detrás dun armario encaixado, nun dobre fondo, sendo inobservábel á vista da Policía Xudicial.

Dentro deste operativo policial contra o tráfico de drogas en Ribeira, a Policía Nacional incautou tamén dúas pistolas, simuladas, aínda que, causaron bastante inseguridade na zona da rúa Cristóbal Colón, xa que dous individuos, un o pasado mércores e outro o 23 de maio, mostraron na vía pública armas de fogo, debido ás rifas e desavinzas no submundo do consumo e tráfico de drogas. O primeiro, detido no seu día, está vinculado ao punto negro de venda de drogas na rúa Cristóbal Colón, e o segundo foi agora detido por tráfico de drogas dentro da Operación Rayo.

No dispositivo policial para levar a cabo as detencións, aprehensións de drogas, e rexistros por axentes da Comisaría local de Ribeira, prestaron o seu apoio operativo os grupos GOES, UPR e Guías Caninos da Xefatura Superior de Policía de Galicia.

Tras tramitarse as correspondentes dilixencias policiais, os detidos foron postos a disposición xudicial, aínda que, a Xuíza de 1ª Instancia de Instrución nº.1 de Ribeira decretou o ingreso en prisión de dous deles. A operación continúa aberta e non se descartan novas actuacións.

Outros artigos

Publicidade

PEL
PEL

Revista en papel

Opinión

“Cadaquén, da súa casa”. Luís Celeiro

“Cadaquén, da súa casa”. Luís Celeiro

Nun acto organizado por AlumniUSC e celebrado na facultade compostelá de Filosofía, unha charla-concerto en memoria de Begoña Caamaño e do seu legado, Francisco Castro recordoulles aosasistentes un feito do que se debe falar e presumir, polo seu interese social e por...

“En todo tempo. Os libros das Letras”. Pilar Sampedro

“En todo tempo. Os libros das Letras”. Pilar Sampedro

Cada ano e sobre o autor ou autora á que se lle dedica o Día das Letras Galegas aparecen unha serie de libros destinados ao lectorado infantil e xuvenil, especialmente para ser traballados na escola. Neste 2026 homenaxeamos a Begoña Caamaño, unha escritora que publica...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.