Chega dende Ribeira unha guía que nos axuda a combater usos sexistas no idioma

11 Maio 2021

O Concello de Ribeira, a través do Centro de Información á Muller, vén de elaborar unha guía de linguaxe inclusiva con recomendacións para evitar, no idioma falado ou escrito, usos sexistas. A guía foi presentada pola concelleira de Igualdade e Servizos Sociais, Ana Ruiz Reiriz, e máis pola directora do CIM, Dolores Crujeiras Bringas, que salientaron o seu carácter útil e práctico para calquera achega comunicativa que queiramos desenvolver.

Tamén dixeron que “aínda que o obxectivo inicial da guía é proporcionar ao persoal administrativo do Concello un instrumento de traballo, o interese do seu contido faina recomendábel tamén para a veciñanza en xeral, así como asociacións, outras administracións ou medios de comunicación que desexen afondar na utilización dunha linguaxe máis acorde e respectuosa na que mulleres e homes se sintan incluídos por igual”, segundo manifestou a edil Ana Ruiz.

Pola súa banda, Dolores Crujeiras explicou que a linguaxe inclusiva baséase na utilización de palabras que non discriminen ás mulleres e procura que a linguaxe non sexa unha ferramenta ao servizo do pensamento androcéntrico, “como é o que outorga aos homes a posición central da sociedade ou do poder e que refire a utilización do masculino gramatical como xenérico ou neutro”.

A guía ten carácter dixital e poderá ser consultada e descargada dende a páxina web do Concello. Consta de 37 páxinas nas que, entre outros contidos, figura un decálogo de recomendacións, linguaxe visual, alternativas non sexistas de termos de uso frecuente na administracións, etc…

Plan de igualdade

Ana Ruiz e Dolores Crujeiros engadiron que este manual séntanse as bases para dar cumprimento a unha das medidas do Plan de Igualdade do Concello de Ribeira 2019-2023, que prevé a elaboración e aprobación dun regulamento municipal para o uso de linguaxe non sexista da linguaxe, do que aparte desta guía a administración local ribeirense xa manexa un borrador.

A confección da guía contou coa colaboración da técnica de Igualdade Paloma Seijo Anca e da responsábel do Servizo Municipal de Dinamización Lingüística de Ribeira, Alicia Padín Otero.

Outros artigos

Publicidade

PEL
PEL

Revista en papel

Opinión

“Por qué mueren las aldeas” – Manuel Domínguez

“Por qué mueren las aldeas” – Manuel Domínguez

Por qué mueren las aldeas. Progreso de unos muerte de otros. Pasó en Portugal, pero podía ser aquí, y es aquí. Estaba en un viejo bar de aldea, cerca de una vieja estación de tren, estación que descansa en el olvido. Al otro lado en la aldea unas pocas casas...

“Un gravísimo error” – Manuel Domínguez

“Un gravísimo error” – Manuel Domínguez

Madre, error, gravísimo error. Un atardecer en la terraza, mesa colindante un niño, chiquitín le pregunta a la madre, cuando vendrá el coco o el hombre del saco. La madre responde más tarde al anochecer. Luego la madre se queja que el niño reclame luz encendida para...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.