Amplíase até o 7 de xuño a mostra Xuventude Crea no Mercado de Ribeira

31 Maio 2021

O Concello de Ribeira vén de comunicar que a exposición Xuventude Crea, emprazada no primeiro andar do edificio do Mercado Municipal, amplíase ata o 7 de xuño.

Deste xeito, veciños e visitantes terán “unha semana a maiores” para contemplar esta mostra organizada pola Consellería de Política Social, a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, na que participan 29 artistas de diferentes disciplinas como unha pequena representación dos máis de 500 premiados e premiadas neste certame ao longo dunha década.

Quen xa tivo ocasión de visitala foi un grupo de estudantes do IES Leliadoura que, repartidos en dous quendas, puideron escoitar o pasado venres as explicacións da comisaria da mesma, Alexandra R. Rey. Tamén estiveron no Centro Cultural Lustres Rivas para ver a exposición 5 artistas do Barbanza, que remata pasado mañá.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.