Acto público en Noia en apoio ao pobo palestino


Diversas organizacións de solidariedade internacional teñen convocado actos públicos en apoio ao pobo palestino ao longo da xeografía galega este martes 18 de maio. Un destes actos terá lugar na localidade de Noia ás 20h diante do Concello.
Diante deste conflito, o deputado Néstor Rego activou unha batería de iniciativas no congreso nas que reclama do estado español despregar todas as medidas posibles para “reclamar a paz e o respecto das resolucións
internacionais”.
Neste contexto, o BNG vén de mostrar o seu apoio a estes actos e anima á veciñanza galega e da nosa comarca a participar nas concentracións en repulsa ás “reiteradas agresións que está a sufrir a poboación da Palestina”.