A agrupación musical A Tajea e o Concello de Outes van organizar este 16 de maio un festival benéfico a prol de Cáritas. Será na Horta do Muíño, a partir das 19.30 horas.
Trátase da terceira edición do festival. Entre os artistas convidados contarase coa presenza de Pibe Canguro, Rut, @s Jaitas Blue, Marian & Ana e Co Canto nos Dentes. A gala benéfica será dirixida por Martín Reimúndez.
Segundo informa a organización, admítense doazóns de alimentos e/ou cartos.
Colaboran Galicarpa, o Concello de Outes, Protección Civil de Outes e Cáritas Outes.