A rapazada da Pobra pode participar nas actividades conmemorativas do 17 de maio até o 26 de maio

20 Maio 2021

O Concello da Pobra lembrou este xoves que fica aínda aberto o prazo (até o 26 de maio) para participar nas actividades específicas para o alumnado local con motivo do Día das Letras Galegas. Trátase de tres iniciativas que se suman ás accións culturais para toda a poboación celebradas co gallo do 17 de maio, tres iniciativas que suporán, para o alumnado da Pobra, o reparto dunha chea de agasallos segundo a idade de cada participante.

Unha destas iniciativas é unha proposta focalizada na rede social Instagram. Consiste en pendurar neste servizo unha imaxe relacionada con algún poema da homenaxeada acompañada do cancelo (hashtag) #APobraconXela e etiquetar o perfil do Concello (gobernodapobra). Entre tódalas persoas participantes repartiranse cadernos conmemorativos desta data e realizarase un sorteo de 10 lotes de aparellos tecnolóxicos conformados por uns auriculares sen fíos e unha batería recargábel para dispositivos electrónicos.

No que respecta ó alumnado da primaria, botou a andar o xogo-concurso O Pasaporte de Xela, consistente en cubrir un fragmento do poema pertencente ao libro Denuncia do equilibrio. As dez palabras que faltan atoparanse distribuídas en diversos establecementos locais, onde se estampará o selo co vocábulo que lle corresponda. O desafío reside en cubrir o dito pasaporte e entre a rapazada participante sortearanse 35 lotes de agasallos (un altofalante bluetooth, unha caixa de luz que se pode personalizar e máis unha mochila).

E, para as e os escolares da educación infantil, destínase un xogo de colorear, debuxar ou aplicar calquera tipo de técnica plástica a unha silueta de Xela Arias (a poeta homenaxeada este ano con motivo do Día das Letras) impresa sobre papel. Establécense varios presentes (unha mochila, un mandil e un estoxo para decorar con pinturas) para cada unha das crianzas participantes.

Outros artigos

A Pobra recibe a bandeira azul para a praia da Lombiña-Cabío

A praia da Lombiña-Cabío é un dos areais recoñecidos coa bandeira azul pola Asociación de Educación Ambiental y del Consumidor (ADEAC) neste 2024. O acto de entrega das 140 bandeiras azuis que corresponden a Galicia -114 praias, 11 portos deportivos e 15 centros...

+

O Concello de Boiro impulsa os xogos tradicionais nas parroquias

O Concello de Boiro leva os xogos tradicionais ás parroquias mediante o programa Xogantina para fomentar o os xogos populares e inclusivos. No marco desta actividade vaise desenvolver unha xornada de actividades lúdicas tradicionais destinada aos centros de ensino e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Para vivir ben, Galicia!”. Luís Celeiro

“Para vivir ben, Galicia!”. Luís Celeiro

A morte, se pensas nela, se recordas ao amigo no cadaleito camiño cara ao máis alá ou seves ao teu pai deitado caladamente nun féretro de madeira nobre, diante dunha multitudede xente chorando, a morte -dicimos- fai estremecer a alma dos vivos, fai que se apague aluz...