A ponte da Ría de Noia alumeouse de noite en homenaxe á Cruz Vermella

11 Maio 2021

O Concello de Noia e a Xunta (Axencia Galega de Infraestruturas da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade) celebraron esta fin de semana o Día Internacional da Cruz Vermella. E fixérono cunha iniciativa de homenaxe ao importante labor humanitario desta organización, unha actividade simbólica que consistiu en iluminar a ponte sobre a Ría de Noia coas cores branca e vermella.

Así, desde o solpor do sábado ata a 1 da madrugada do día 9, a ponte de Noia luciu un xogo de luces que intercambiaban o vermello e o branco, en homenaxe a esta organización humanitaria.

A Xunta atendeu así a petición formulada pola Cruz Vermella de Noia para conmemorar o Día Mundial deste colectivo, que coincide coa data de nacemento do seu fundador, Henry Dunant, e co que se recoñece o traballo que os seus voluntarios e empregados realizan en todo o mundo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...