A pianista Tania Vidal ofrece este martes o seu recital de fin de grao no Conservatorio de Ribeira

17 Maio 2021

A estudante boirense Tania Vidal Pintos ofrece este martes 18, ás 16.30 horas, o seu recital de fin de grao profesional na especialidade de piano no Conservatorio Profesional de Música de Ribeira Enrique Paisal. Tania Vidal interpretará no salón de actos do devandito centro as seguintes composicións: Fantasía XXV en do de Johan Sebastian Bach, Nocturno Op9 Nº1 de Frederik Chopin, Consolación Nº3 de Franz Liszt e Claro de Lúa de Claude Debussy.

A intérprete

Tania Vidal, nada en Boiro, comeza os seus estudos na música, co piano como instrumento elixido e influenciada polo seu avó paterno Salvador, a idade de 9 anos co mestre Gerardo, músico e compositor da súa localidade. Un ano máis tarde decide cursar estudos oficiais no Conservatorio de

Ribeira e inicia a súa andaina coa que será a súa profesora durante toda súa etapa académica Cristina Sastre Paz.

Realiza o grao elemental en tan só dous anos académicos e accede ao grao profesional.

Ademais da actividade regrada no conservatorio asiste a clases maxistrais coa pianista de prestixio internacional Neus Estarellas.

De xeito paralelo aos estudos no Conservatorio, Tania forma parte dende os 12 anos dun grupo de música de igrexa na que participa, onde, ademais de tocar o piano, canta.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.