A Marea Cidadá de Noia rexeita a posta en marcha do cobro polo uso das autovías

30 Maio 2021

Dende o grupo municipal da Marea queren amosar o seu rexeitamento ante a intención de cobrar polo uso das autovías, rexeitamento que, afirmán, farán chegar a diferentes instancias da Administración Pública co obxectivo de exercer a maior presión posible.

Na Marea son conscientes da necesidade de financiar o mantemento das infraestruturas, pero entenden que a carga fiscal non pode caer precisamente sobre a poboación con menos recursos e menos servizos. No caso de Noia, por exemplo, o coche é de uso obrigado en moitas circunstancias para trasladarse por motivos de saúde ou laborais a
poboacións como Ribeira e Santiago, debido á falta de uns servizos de transporte públicos de calidade.

Dende o grupo noiés afirman que este tipo de medidas só servirán para dificultar aínda máis a vida nas poboacións medianas e pequenas, empobrecendoas aínda máis e contribuíndo a expulsar a cada vez máis poboación cara as cidades.

Na Marea entenden que é necesaria unha aposta firme e seria pola mellora dos servizos de transporte público, a mellora das conexións e a accesibilidade a vehículos con menor impacto ecolóxico.

Outros artigos

Os Trobeiros da Ponte ofrecen este sábado un concerto no Porto do Son

O clásico grupo Os Trobeiros da Ponte ofrecerá un concerto na Casa de Cultura do Porto do Son o vindeiro sábado, 3 de outubro, ás 20:00 horas. Trobeiros da Ponte é unha agrupación musical galega formada por un grupo de amigos apaixonados pola música que se converteu...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

Maricarmen tiene 87 años y vive en la misma casa desde 1956, cuando su padre firmó un contrato de alquiler. Ha pasado allí casi toda su vida. Con el paso del tiempo y las correspondientes subrogaciones familiares, terminó por convertirse en la última inquilina de una...

“Foro La Toja 2026: la travesía de la razón”. Alberto Barciela

“Foro La Toja 2026: la travesía de la razón”. Alberto Barciela

Despunta el otoño sobre la ría de Arousa con una claridad de plata vieja y salitre, mudando los pinares de la isla de A Toxa en un mirador de sosiego donde la Galicia más atlántica y liberal renueva su vocación de encuentro. En este umbral de octubre, cuando la brisa...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.