A estudante de saxofón María Núñez Figueiras realizará este mércores en Ribeira o seu recital de fin de grao profesional

10 Maio 2021

A estudante de saxofón María Núñez Figueiras realizará este mércores o seu recital de fin de grao profesional. A actuación será no Conservatorio de Música Profesional de Ribeira ás 18:30 horas.

María Núñez, nada en Cambados, comeza a tocar o saxofón cursando o grao elemental no Conservatorio Elemental de Música de Cambados. Ao longo da súa vida, María recibiu clases do profesor Rodrigo Vila e outros docentes convidados como Nicolas Prost, David Brutti ou Phil Pierick. Ademais, participou en numerosos cursos e clases maxistrais con saxofonistas de prestixio internacional como Marie-Bernadette Charrier, Daniel Gauthier ou Carlos Ordóñez.

O programa incluirá tres pezas. Unha delas será Fantasía para saxofón soprano e piano, de Heitor Villalobos. Tamén tocará Preludio, Cadenza et Finale, de Alfred Desenclós; e Sonata de Edison Denisov.

A saxofonista estará acompañada por Brais González.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...