A economía circular centra unha xornada no Casino de Noia, o 21 de maio

11 Maio 2021

Noia vai acoller o vindeiro 21 de maio unha actividade divulgativa e formativa sobre xeitos sustentábeis de xerar riqueza e emprego. A Xornada de Bioeconomía e Economía Circular celebrarase ás 19.00 horas no edificio do Casino de Noia. Desenvolverase baixo o seguinte epígrafe: Cara a unha economía local rexenerativa. A sesión encádrase dentro do proxecto europeo Circular Labs, no que a Fundación Paideia Galiza toma parte xunto con outras 10 organizacións.

O principal obxectivo deste proxecto, en palabras dos organizadores, é a integración da Economía Circular en novos modelos de negocio, e, tamén, “acelerar a transición dun modelo lineal a un modelo circular baseado na eficiencia no uso dos recursos”.

As prazas son limitadas, previa inscrición na web de Paideia.es. Nesta xornada tamén colabora a Asociación Deloa.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...