O xoves seguimos nunha situación pouco definida entre alta e baixas presións, con aire frío nas capas altas da atmosfera. Así, agárdase unha xornada de ceos parcialmente cubertos. As temperaturas sufrirán un descenso, que será máis acusado nas mínimas, con formación de xeadas illadas no interior. O vento soprará frouxo de compoñente norte, aumentando en intensidade a moderado pola tarde.

O NOSO MAR: Vento do norte á mañá e á noite e do noroeste á tarde, forza 3 a 4 á mañá e á noite e 3 a 5 á tarde. Marusía. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 0.5 a 1.5 metros.
Mareas
| Muros | ||
|---|---|---|
| Hora* | Altura | |
| Baixamar | 00:01 | 0.2 m |
| Preamar | 06:21 | 4.0 m |
| Baixamar | 12:26 | 0.4 m |
| Preamar | 18:39 | 4.0 m |
| Vigo | ||
|---|---|---|
| Hora* | Altura | |
| Preamar | 06:11 | 3.9 m |
| Baixamar | 12:18 | 0.4 m |
| Preamar | 18:32 | 3.9 m |
| Vilagarcía | ||
|---|---|---|
| Hora* | Altura | |
| Preamar | 06:16 | 4.0 m |
| Baixamar | 12:22 | 0.4 m |
| Preamar | 18:36 | 3.9 m |
Cámaras web da comarca (algunha pode nun funcionar puntualmente)



