Verdegaia pide que o PRUX do Parque Natural de Corrubedo sexa máis ambicioso contra as especies invasoras e o uso de biocidas

14 Abril 2021

A plataforma ambiental Verdegaia vén de emitir un comunicado no que mostra a súa posta ante o PRUX do Parque Natural de Corrubedo (o Plan Reitor de Uso e Xestión do Complexo Dunar e as Lagoas de Carregal e Vixán), cuxos detalles foron publicados o pasado 29 de marzo no DOG, da man da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda. No comunicado, se ben Verdegaia lembra os beneficios de que se publique un plan reitor (un plan que “chega tarde”, recoñecen, xa que “o parque leva dende 1992, data da súa declaración, sen o seu preceptivo PRUX”), e aínda que a plataforma concorde en xeral co espírito do contido no documento, achéganse unha serie de alegacións para “mellorar algúns dos puntos incluídos”, sinala o colectivo.

Segundo explican, os obxectivos de conservación, por exemplo, “parécennos moi pouco ambiciosos, ao contemplar unha redución de especies invasoras dun 75% na zona de uso limitado e dun 25% no Parque en xeral. Falando dun prazo de 10 anos, pensamos que cómpre ampliar eses obxectivos a un 90% e un 70%, respectivamente. Cremos, ademais, que no caso de especies como acacias ou eucaliptos, é necesario prohibir a súa plantación, non abonda con propoñerse evitala”.

No que atinxe aos usos industriais, Verdegaia non entende “que se siga a permitir a presenza das instalacións dunha canteira dentro dun Parque Natural”. Lembran que o propio documento alerta do “impacto paisaxístico crítico, incompatíbel cos obxectivos de protección do Parque, deste tipo de instalacións”. Por iso, a plataforma solicita “que se poña un prazo para o seu peche e a retirada das súas instalacións da superficie do Parque”.

En canto aos usos agrogandeiros, o colectivo ambiental sostén que “cómpre establecer criterios claros para o uso de biocidas, e que os labores de carácter tradicional que empreguen técnicas sustentábeis non só deben estar permitidas, tal como o documento recolle, senón que deben ser activamente promovidas mediante campañas de divulgación, actividades de formación e mesmo incentivos fiscais”.

Nas alegacións propoñen, ademais de ampliar o Parque, “restrinxir o tránsito de cabalerías e a regulación do aparcadoiro”.

E engaden: “Para garantir a debida protección do complexo natural e o cumprimento de tódalas normas recollidas no documento, consideramos que sería necesario contar con máis medios materiais e humanos, moi especialmente durante o verán, época de máxima afluencia de visitantes. Non é posíbel levar a cabo todas as accións previstas cuns medios tan axustados. Sen a debida dotación de recursos humanos e materiais, o documento, que nos parece bastante axeitado, queda reducido a papel mollado”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.