Teatro Avento leva a Boiro a súa comedia musical Ummm!!

05 Abril 2021

Este 9 de abril a Casa da Cultura de Boiro vai dar acollida a un espectáculo gastronómico-teatral para público familiar (para nenas e nenos de máis de tres anos). Trátase da comedia musical Ummm!!, que vén da man de Teatro Avento e que se presenta como como unha obra para “chupar os dedos”, poñéndonos na pel de Ana, dependente da pastelería de Remedíos e principal culpábel (pola súa teima de non facer máis que bolos de crema) da caída de ingresos do establecemento. A cousa cambiará no intre en que a propietaria decide contratar un novo axudante para que contribúa ao negocio coas súas “novas ideas”.

Ummm! mestura cancións, bailes e cores para achegarnos, segundo informa Teatro Avento, “unha historia sobre as diferenzas, a autenticidade e o valor de traballar en equipo”.

O espectáculo, que está previsto para as 20.00 horas, vén con aforo limitado.

Entradas na Casa da Cultura, o mesmo día da función, a partir das 16.30 horas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...