SumaRibeira require a limpeza urxente dun camiño en Artes

09 Abril 2021

SumaRibeira vén de emitir un comunicado para reclamar aos concelleiros de Medio Ambiente e de Mobilidade do Concello de Ribeira a limpeza do camiño que vai dende o remate da pista asfaltada do Sego até o río Sanchanás, na parroquia de Artes, pois “nestes momentos atópase nun estado de importante abandono, malia ser un paseo transitado con frecuencia por veciños e veciñas, sobre todo con bo tempo”, explica a agrupación.

SumaRibeira, a través do seu concelleiro Xurxo Ferrón, presentou un escrito ao Concello para “que acometan con urxencia estes traballos de acondicionamento”, pois, explica, “non é de recibo que dous anos despois de ter intervido ese espazo para que puidera ser utilizado de enlace peonil pola beira do río, estea cuberto de herba e maleza, o que dificulta o seu uso, nomeadamente ás persoas que pola sua condición física teñen dificultade de movemento”.

A iniciativa, explica Xurxo Ferròn, foi ben acollida polo equipo de Goberno, que se comprometeu a acometer os traballos necesarios “á maior brevidade”.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pasada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...