Só tres positivos no cribado de A Pobra feito durante tres días. Soben os casos


Realizouse entre os días 5,6 e 7, un cribado poboacional a 5.100 persoas con idades comprendidas entre 25 a 65 anos da Pobra Do Caramiñal cunha participación do 73,13% e cun resultado, ata o momento, de 3 positivos.

Por outra banda segundo informa a alcaldía pobrense hoxe a vila está en 39 positivos, subindo 5 con respecto ao publicado na páxina do SERGAS onte a estas horas. A incidencia acumulada a 14 días sítúase xa en 419. Dende o Concello siguen a colaborar con Medicina Preventiva achegando datos para cribados máis específicos, que se fan necesarios a medida que aparecen novos casos, sobre todo cando os posibles contactos son con persoas de fóra do noso municipio.

Unha vez máis desde o concello agradecen o traballo e a disposición que sempre teñen para atender as demandas, ás que sempre responden o máis axiña posible a calquera colaboración que solicitan.

En canto á vacinación realidada onte a participación na vacinación de onte. Rexistrouse un 78,65% de participación onte na vacinación do Hospital da Barbanza e o 73,85% na Cidade da Cultura.

Vacinación no Hospital do Barbanza Covid-19. Foto O barbanza