Non se agardan cambios na situación meteorolóxica para o sábado, con Galicia na influencia das baixas presións situadas fronte a Lisboa que deixan aire frío nas capas altas da atmosfera e aire cálido na superficie. Así, os ceos estarán parcialmente cubertos, con chuvascos de carácter tormentoso máis frecuentes pola tarde, ocasionalmente de forte intensidade. As temperaturas ascenderán lixeiramente. O vento soprará de compoñente sur, frouxo en xeral.
A NOSA COSTA: Vento do sueste á mañá e variable á tarde e á noite, forza 2 a 4 á mañá, 1 a 2 á tarde e 1 a 3 á noite. Mar ovellado á mañá e á noite e mar rizado á tarde. Visibilidade boa á mañá e á noite e regular á tarde. Mar de fondo do sudoeste, con ondas de 3 a 4 metros á mañá, 3 a 3.5 metros á tarde e 2.5 a 3.5 metros á noite.
Mareas
Muros | ||
---|---|---|
Hora* | Altura | |
Preamar | 02:35 | 3.4 m |
Baixamar | 08:58 | 0.8 m |
Preamar | 15:07 | 3.4 m |
Baixamar | 21:07 | 0.8 m |
Vigo | ||
---|---|---|
Hora* | Altura | |
Preamar | 02:29 | 3.4 m |
Baixamar | 08:47 | 0.8 m |
Preamar | 15:00 | 3.4 m |
Baixamar | 21:01 | 0.8 m |
Vilagarcía | ||
---|---|---|
Hora* | Altura | |
Preamar | 02:33 | 3.4 m |
Baixamar | 08:53 | 0.8 m |
Preamar | 15:05 | 3.4 m |
Baixamar | 21:06 | 0.8 m |
Cámaras web da comarca (algunha pode nun funcionar puntualmente)