Os participantes no Campus de Outes visitaron o Museo do Pobo Galego

20 Abril 2021

Finalmente chegaron ao seu remate as actividades do Programa Universitario de Maiores organizado en abril pola Universidade de Santiago e Concello de Outes, a través do seu Centro Social. Fixérono cunha visita das e dos asistentes ao campus ao Museo do Pobo Galego, en Santiago de Compostela.

O programa consistiu nunha iniciativa formativa para veciñas e veciños de máis de 50 anos, destinada a incrementar os seus coñecementos e a súa autonomía, amais de favorecer hábitos activos de aprendizaxe. Incluíu tres seminarios (sobre a investigación histórica dende a óptica local, sobre como construír unha personaxe para unha obra teatral e sobre envellecemento saudábel) e dúas visitas ao Campus compostelán que remataron coa devandita estadía das e dos participantes no Museo do Pobo Galego, este 16 de abril. A visita ao museo contou coa presenza de Raúl Soutelo Vázquez, profesor do Departamento de Pedagoxía e Didáctica da USC.

Outros artigos

Novo número de Código Cero, revista de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero o 278, na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.