O Real Club Náutico Portosín organizará o Campionato de España ILCA Máster 2021

08 Abril 2021

O Real Club Náutico Portosín foi elixido como organizadore do Campionato de España ILCA Máster 2021. A noticia chegou hai uns días cando a International Laser Class Association (ILCA), incorporada na Federación Española de Vela, llo comunicou ao club.

A cita veleira terá lugar do 3 ao 6 de xuño, nunha competición que reunirá, en augas da Ría de Muros e Noia, a un excepcional elenco de regatistas en dúas categorías: ILCA 6 e ILCA 7, segundo a idade. “Para o club é un honor ser elixidos pola Clase ILCA como sede do Campionato de España na súa categoría Máster, que nos permitirá disfrutar de verdadeiras lendas da vela olímpica nas nosas augas”, comentou Jorge Arán, presidente da entidade portosinense.

O Máster da División está destinada aos deportistas que compiten en Alto Nivel, mantendo desta maneira seu bo estado de forma xa que se utiliza como plataforma de adestramento, así como a Clase Láser que a día de hoxe goza dun gran estado de saúde en España e na que Galicia se sitúa como unha das comunidades que máis regatistas aglutina.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.