O PSOE de Ribeira propón mesas de diálogo para aclarar e mellorar polo miúdo todos os usos do PRUX

22 Abril 2021

O PSOE de Ribeira compartiu os detalles da alegación presentada á Xunta con motivo do proxecto de Plan Reitor de Uso e Xestión (PRUX) do Parque Natural de Corrubedo. A alegación achegada a través do concelleiro José Vilas, se ben recoñece que se trata dun “documento moi completo en aspectos tales como a extensión, os límites, a flora, a fauna e os plans de prevencións de riscos do parque”, malia esta minuciosidade, “presenta certos déficits” que deben ser tratados con diálogo e participación directa de todas as partes implicadas.

O PSOE solicita na proposta que “por parte do persoal do equipo redactor do plan, xunto co técnico da Xunta, sexa convocada unha xornada de diálogo, ou varias, para explicar polo miúdo o contido do proxecto, co obxectivo principal de entender as actividades permitidas, tanto as agropecuarias e gandeiras como a mellora da calidade de vida dos habitantes, as actividades turísticas, o fomento do sector primario e secundario na área de influencia, a restauración de muros e corcovas, a construción de vivendas e outras edificacións, os danos causados polo xabarín, a recolleita do xunta e canavais nas lagoas, a posíbel explotación marisqueira do río do mar parte da confraría competente, as actividades económicas con denominación de orixe do Parque Natural de Corrubedo (cestería, forxa, souvenirs, queixos, panadería, artesanía) e o equilibrio de especies de fauna e flora (árbore e plantas)…. antes de redactar o documento definitivo co obxectivo de melloralo e amplialo”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.