O PSOE de Noia presenta unha moción para exixir actuacións para a posta en valor do patrimonio local

20 Abril 2021
Banco na Alameda de Noia

O Grupo Municipal Socialista vén de presentar unha moción que solicita unha revisión, de xeito inmediato, dos bens incluídos no Plan Especial de Protección e Reforma do Casco Histórico de Noia, e dotar unha partida nos orzamentos para os que precisen unha actuación urxente.

Interior de Santa María A Nova


A iniciativa foi exposta no pleno ordinario deste mes de abril, e serviu para que os socialistas de Noia reclamaran a conservación e posta en valor dos elementos patrimoniais de titularidade, ou xestión pública, e que pasen a ser unha das prioridades do Goberno municipal. Así, aproveitan para destacar que este 2021 ano santo é o momento exacto “para que a vila e para que o Camiño de Santiago que percorre Noia teñan un recoñecemento ao seu nivel canto antes”.
Ademais dos anteriores puntos citados, os socialistas propuxeron chegar a un acordo co Goberno municipal á hora de xestionar coa Deputación e a Xunta de Galicia unha serie de subvencións para a conservación e posta en valor do Patrimonio de Noia, e a súa contorna. “Sendo Noia unha das vilas máis antigas de Galicia e con esta riqueza
patrimonial, debemos conservar e poñer en valor, tanto como divulgadores, coma gardiáns da historia que contén a nosa vila e que posúe cada pedra do casco histórico”, destacou o voceiro Roberto Iglesias.

Outros artigos

O Culturgal Expandido recala esta semana en Muros

A edición 2026 do Culturgal Expandido chega esta fin de semana ao Mercado Municipal de Muros cunha programación gratuíta e para todas as idades. Na presentación do programa participaron Natividad Gonzalez, deputada de Cultura da Deputación da Coruña; María Lago,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.