O BNG pide unha parcela “máis axeitada” para o novo centro de saúde de Noia

13 Abril 2021

As deputadas do BNG no Parlamento galego, Rosana Pérez e Iria Carreira, visitaron Noia este 12 de abril para emitir a súa valoración acerca do proxecto para a construción dun novo centro de saúde nunha parcela de 660 metros cadrados do barrio de San Lázaro. Despois de ollar o predio no que se pretendería erguer o dito centro sanitario, Carreira opinou “que se trata dunha opción inadecuada para unha infraestrutura de futuro, xa que a tendencia no eido da arquitectura sanitaria é a de realizar centros de saúde cunha base ampla que permitan unha mobilidade accesíbel e grandes estancias para as persoas usuarias”.

Pola súa parte Pérez, coincidindo na importancia de que un novo centro de saúde sexa construído en Noia, insistiu na necesidade de que o mesmo “sexa realizado nunha parcela adecuada para unha infraestrutura que dará servizo a unhas 33.000 persoas” e lembrou que “en ningún caso se podería comprender que un novo centro de saúde tivera unha planta inferior ao actual”.

Na súa opinión, o edificio deberá “ter perspectivas de futuro”, polo que “terá que contar cunha planta amplamente superior aos 1.000 metros cadrados do existente, requisito que non cumpriría a parcela de 660 metros cadrados anunciada polo alcalde de Noia”.

Neste contexto, o portavoz da formación no municipio, Ricardo Suárez, informou de que veñen de presentar unha iniciativa para o seu debate no vindeiro pleno ordinario na que apostarán pola “consecución por parte do Concello de Noia dunha parcela superior aos 2.000 m2 de planta e 4.000 m2 de edificabilidade” co gallo de ser cedida á Consellería de Sanidade.

Outros artigos

Todo listo para o comezo (este venres) do festival Jazz Noia

Este venres 14 de agosto arrinca un dos grandes eventos culturais da tempada estival na comarca: a edición 2026 do festival Jazz Noia 2026, organizado polo Concello de Noia a través da Concellería de Cultura. Celebrarase as noites do venres 14 e o sábado 15 de agosto...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“De la furia al talento” – José Castro López

“De la furia al talento” – José Castro López

El próximo fin de semana vuelve la Liga y es un buen momento para recordar el triunfo de La Roja en el Mundial y desear que el fútbol español conserve los valores que hicieron posible aquella gesta. En los Juegos Olímpicos de Amberes de 1920, España se enfrentaba a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.